
Ramón Caride publica un novo libro para o público infantil e xuvenil
O escritor ourensán ten a súa residencia en Cambados.
Co título "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas", Ramón Caride Ogando volve a publicar un libro destinado o público máis xoven, como xa fixera coa triloxía dos irmáns Said y Sheila en "Perigo Vexetal", "Ameaza na Antartida" e "O Futuro Roubado".
O libro editado por Xerais custa 9 euros, e narra a aventura do Capitán Aspanitas nunha historia que empeza nas termas da cidade de Ourense, onde están a ocorrer acontecementos estraños: as augas flúen e, de súpeto, detéñense, coma se atendesen a ordes calculadas por alguén. Unha banda de encarapuchados parece estar detrás dos sucesos. Só o Capitán Aspanitas e o seu equipo serán quen de descubrir a trama que se agocha tras tan sorprendentes feitos.






